Saltar ao contido

Edward Lasker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para describir os movementos das pezas de xadrez neste artigo usouse a notación alxébrica.
Modelo:BiografíaEdward Lasker

Savielly Tartakower e Edward Lasker
Biografía
Nacemento3 de decembro de 1885
Kempen Alemaña Alemaña
Morte25 de marzo de 1981
Nova York
País de nacionalidadeAlemá Alemaña
EducaciónUniversidade Técnica de Berlín
Universidade de Breslau Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónXogador de xadrez e de go, enxeñeiro
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América
Alemaña Editar o valor en Wikidata
DeporteGo Editar o valor en Wikidata
Título de xadrecistaMestre Internacional (1963) Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Lasker-27


Edward Lasker, nado en Kempen (Alemaña, agora Polonia) o 3 de decembro de 1885 e finado en Nova York o 25 de marzo de 1981, foi un xogador de xadrez e de go. Concedéuselle o título de Mestre Internacional da FIDE. Lasker foi un enxeñeiro de profesión e autor de libros.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Durante a primeira guerra mundial trasladouse primeiro a Inglaterra e despois os Estados Unidos, o lugar de nacemento da súa nai. Cando os Estados Unidos entraron na guerra foi enviado a filas, pero co dereito de exención como alemán. Prescindiu do seu dereito de exención porque lle dixeron que obtería a cidadanía estadounidense máis rapidamente. Con todo, a guerra terminou antes de que fose recrutado.

Carreira de ciencias

[editar | editar a fonte]

Lasker conseguiu graduarse na Universidade Libre de Berlín en enxeñería mecánica e eléctrica. Tamén inventou o tiraleite eléctrico[1], o que salvou a vida de moitos nenos prematuros e que lle reportou moito diñeiro.

Edward Lasker publicou numerosos libros sobre damas americanas, xadrez]] e go. Gañou cinco veces o Campionato aberto de xadrez dos Estados Unidos (1916, 1917, 1919, 1920 e 1921). O seu mellor resultado foi a súa apertada derrota (8.5-9.5) nun match con Frank Marshall polo Campionato de xadrez dos Estados Unidos en 1923. Lasker foi invitado a participar no lendario torneo de xadrez de Nova York de 1924, enfrontándose a mestres de clase mundial como Alexander Alekhine, José Raúl Capablanca, Akiba Rubinstein ou Emanuel Lasker e Richard Réti.

A súa partida máis famosa foi probablemente o sacrifico de dama e a posterior caza do rei ante Sir George Thomas[2]. Pero a cambio perdeu o peón branco de d4, co que Lasker contrarrestou a reacción de Thomas.

Aínda que Lasker tivo un rexistro negativo contra José Raúl Capablanca, sen ningunha vitoria, tivo unhas táboas brillantes contra Capablanca con pezas negras en Nova York en 1924[3]. Lasker normalmente non foi afortunado, por exemplo, Capablanca chegou unha vez un minuto antes de perder a partida por incomparecencia, en Nova York en 1915 e Lasker xogou a Variante de Riga coa que tiña experiencia, pero Capablanca atopou unha continuación vantaxosa sobre o taboleiro[4].

Viviu no Upper West Side de Nova York ata o momento da súa morte.

Foi amigo do Campión do mundo de xadrez Emanuel Lasker. Existe algunha polémica sobre se son parentes. Edward Lasker escribiu nas súas memorias do Torneo de Nova York de 1924, publicadas en marzo de 1974 na edición da revista Chess Life: "Non descubrín se eramos realmente parentes ata que el (Emanuel Lasker) me dixo pouco antes da súa morte que alguén lle mostrou a árbore da familia Lasker, nunha de cuxas ramas estaba eu."[5]

Lasker estivo profundamente impresionado polo go. Leu algo do go por primeira vez nun artigo de revista de Oskar Korschelt que suxería que o go era un rival do xadrez, unha reivindicación que atopou divertida[6]. Despois o seu interese foi revivido cando viu unha partida de go na contraportada dun xornal xaponés que estaba sendo lida por un cliente dun café onde el xogaba ao xadrez. El e Max Lange colleron o xornal que deixara e descifraron o diagrama, pero a partida non estaba completa. A posición conduciulles a asumir que a notación baixo a partida indicaba unha vitoria negra, pero como non sabían xaponés, tiveron que preguntar a outro cliente xaponés do café. Para a súa sorpresa, era un abandono por parte das negras. Só logo de tres semanas de estudo Max Lange puido comprender a razón da vitoria branca. Esta experiencia conduciulles a unha apreciación máis profunda do xogo e estudárono en serio, pero non fixeron que se interesasen outros xadrecistas.

Logo de dous anos, Emanuel Lasker, entón campión do mundo, volveu a Alemaña. Cando Edward lle dixo que atopara un xogo rival do xadrez, foi escéptico, pero logo de ensinarlle as regras e xogar unha partida, comprendeu que era estratexicamente profundo. Empezaron a estudar o go con Yasugoro Kitabatake, un estudante xaponés, e logo de dous anos puideron derrotalo sen hándicap.

Kitabatake organizou unha partida para Edward, Emanuel e o irmán de Emanuel Berthold, contra un matemático xaponés de visita que era un forte xogador de go. Os Laskers tomaron un hándicap de nove pedras e xogaron en consulta, considerando os seus movementos profundamente, pero o seu opoñente derrotounos sen esforzo e sen gastar moito tempo de reflexión. Logo da partida, Emanuel suxeriu a Edward que viaxaran a Toquio para estudar o go. En 1911, Edward conseguiu un traballo en AEG. Logo dun ano na compañía, intentou pedir o traslado á oficina de Toquio, pero como a compañía só pedía xente que tivese inglés fluído en Toquio, foise a traballar a Inglaterra primeiro. Foi detido durante a segunda guerra mundial e nunca foi a Toquio. Con todo, Sir Haldane Porter deulle permiso para viaxar ós Estados Unidos, que recordou que gañara o campionato de xadrez de Londres en maio de 1914. Lasker contribuíu ao desenvolvemento do go nos Estados Unidos e, xunto a Karl Davis Robinson e Le Hartman, fundou a Asociación Americana do Go.

Partida ilustrativa

[editar | editar a fonte]
Posición logo de 10...De7


Posición final

Esta é a partida máis famosa de Lasker e unha das máis famosas de todos os tempos:

Ed. Lasker-Sir George Thomas, Londres 1911 (blitz)[8] 1.d4 e6 2.Cf3 f5 3.Cc3 Cf6 4.Bg5 Be7 5.Bxf6 Bxf6 6.e4 fxe4 7.Cxe4 b6 8.Ce5 O-O 9.Bd3 Bb7 10.Dh5!? De7?? (diagrama á esquerda; 10...Bxe5! 11.Dxe5 Cc6 ou 11.dxe5 Tf5 gaña un peón) 11.Dxh7 !! Rxh7 12.Cxf6 Rh6 (12...Rh8 13.Cg6#) 13.Ceg4 Rg5 14.h4 Rf4 15.g3 Rf3 16.Be2 Rg2 17.Th2 Rg1 18.Rd2# 1-0 (diagrama á dereita)

  1. Patente US1644257 Arquivado 28 de setembro de 2007 en Wayback Machine. ou http://xrint.com/patents/us/1644257 Arquivado 23 de outubro de 2007 en Wayback Machine.
  2. "Edward Lasker vs George Alan Thomas". chessgames.com (en inglés). Consultado o 30 abril 2018. 
  3. "Edward Lasker vs Jose Raul Capablanca". chessgames.com (en inglés). Consultado o 30 abril 2018. 
  4. "Jose Raul Capablanca vs Edward Lasker". chessgames.com (en inglés). Consultado o 30 abril 2018. 
  5. Duval, George. "New York 1924: The Other Lasker, Edward.". Chess.com (en inglés). Consultado o 2018-04-30. 
  6. Go Monthly Review 1961/7, p.51, artítulo de Lasker From My "Go" Career
  7. OCLC 6673345
  8. [1]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]